lunes, 12 de diciembre de 2011

ACTIVIDADE Nº 6: BIODIESEL COMBUSTIBLE ECOLÓXICO

Concepto :

O biodiesel é un combustíbel renovábel e biodegradábel, obtido a partir de lípidos naturais como os aceites vexetais ou graxas animais mediante procesos industriais de esterificación e transesterificación, o que se aplica na preparación de substitutos totais ou parciais do petrodiésel ou gasóleo obtido do petróleo.

 

Orixe do carburante :

Como substituto total denomínase B100 (biodiésel 100%), mentres que outras denominaciones como B5 ou B30 fan referencia á proporción ou porcentaxe de biodiésel empregado na mestura (por exemplo, B15 ten un 15% de biodiésel e un 85% de diésel).
O biodiésel, cuxas propiedades son coñecidas dende mediados do século XIX grazas aos traballos de Rudolf Diesel, é destinado á combustión en motores de ciclo diésel convencionais ou adaptados, segundo o fabricante. Por iso , a comezos do século XXI, no contexto de busca de novas fontes de enerxía e a crecente preocupación polo quecemento global do planeta, estase a desenvolver como combustíbel para automóbiles alternativo aos derivados do petróleo.
O impacto medioambiental e as consecuencias sociais da súa produción e comercialización masiva, especialmente nos países en vías de desenvolvemento ou do Terceiro Mundo é obxecto de debate entre os especialistas e os diferentes axentes sociais e gobernamentais internacionais.
El biodiésel descompone el caucho natural, por lo que es necesario sustituir éste por elastómeros sintéticos en caso de utilizar mezclas de combustible con alto contenido de biodiésel.

Vantaxes

  • O biodiésel diminúe de forma notábel as principales emisións dos vehículos, como son o monóxido de carbono e os hidrocarburos volátiles, no caso dos motores de gasolina, e as partículas, no dos motores diésel.
  • A produción de biodiésel supón unha alternativa de uso do solo que evita os fenómenos de erosión e desertificación aos que poden quedar expostas aquelas terras agrícolas que, por razóns de mercado, están sendo abandonadas polos agricultores.
  • O biodiésel supón un aforro de entre un 25% a un 80% das emisións de CO2 producidas polos combustíbeis derivados do petróleo, constituíndo así un elemento importante para diminuír os gases invernadoiro producidos polo transporte.
  • Polo seu maior índice de octano e lubricidade, reduce o desgaste na bomba de inxección e nas tubos de escape.
  • Non ten compostos de xofre, polo que non os elimina como gases de combustión.
  • O biodiésel tamén é utilizado como unha alternativa de aceite para motores de dous tempos, en varias porcentaxes; a porcentaxe máis utilizado é a de 10/1.
  • O biodiésel tamén puede ser utilizado como aditivo para motores de gasolina (nafta) para a limpieza interna destes.

Inconvenientes

  • A explotación de plantacións para palmas de aceite (utilizadas para facer biodiesel) foi responsábel dun 87% da desforestación de Malaisia até o ano 2000. En Sumatra e Borneo, millóns de hectáreas de bosque se converteron en terra de cultivo destas palmeiras e nos últimos anos conseguiuse pasar do dobre desa cifra, pois a tala e os incendios perduran. Até deforestaron por completo o famoso parque nacional Tanjung Puting de Kalimantan. Orangutáns, xibóns, rinocerontes, tapires tigres, panteras nebulosa e outros animais vanse extinguir pola destrución do hábitat. Miles de indíxenas foron desaloxados das suas terras, e 1500 indoneses foron torturados. Mais os gobernos, mentres Europa siga comprando a sua palma de aceite para facer biodiésel, seguiran promovendo o cultivo destas plantas para o seu propio beneficio.
  • A pesar das suas moitas vantaxes, tamén presenta algúns problemas. Un deles é derivado da sua mellor capacidade solvente que o petrodiésel, polo que os residuos existentes son disoltos e enviados pola liña de combustíbel, podendo atascar os filtros. Outro ítem é unha menor capacidade enerxética, aproximadamente un 5% menos; aínda que isto, na práctica, non é tan notorio xa que é compensado co maior índice cetano, o que produce unha combustión máis completa con menor compresión.
  • Certas hipóteses suxiren que se producen maiores depósitos de combustión e que se degrada o arranque en frío dos motores, mais non están demostradas.
  • Outros problemas que presenta reférense á área da loxística de almacenamento, xa que é un produto hidrófilo e degradábel, polo cal é necesaria unha planificación exacta da sua produción e expedición. O produto degrádase notoriamente máis rápido que o petrodiésel.
  • Polo de agora aínda non está claro o tempo de vida útil do biodiésel; algúns investigadores din que posúe un tempo de vida moi curto (meses) e outros que a sua vida útil chega incluso a 10 anos ou máis. Pero todos concordan que depende da sua manipulación e almacenamento.

Puntos de venta en españa :

     NombreLocalidadProvinciaProd. (Tn)
    AlbabioNíjarAlmeria6.000
    BercamLos YébenesToledo6.000
    Bgal Carburantes de GaliciaBegonteLugo35.000
    Biocarburantes Almadén (Grupo Activos)AlmadénCiudad Real32.000
    Biocarburantes CLM (Natura)OcañaToledo105.000
    Biocarburantes de Castilla (Biocast)ValdescorrielZamora20.000
    Biocarburos del Almanzora (Biocarsa)Cuevas del AlmanzoraAlmeria6.000
    BiocemsaEldaAlicante20.000
    Biocom EnergíaAlgemesíValencia110.000
    Biocom PisuergaCastrojerizBurgos8.000
    Biocombustibles de Ziérbana (BZ)ZierbenaVizcaya200.000
    Biodiesel Andalucía 2004 (BIDA)Fuentes de AndalucíaSevilla36.000
    Biodiesel Caparroso EHN (Acciona Energía)CaparrosoNavarra70.000
    Biodiesel Castilla La Mancha (Biodiésel CLM)Santa OlallaToledo45.000
    Biodiésel de Aragón (Bioarag)AltorricónHuesca50.000
    Biodiesel De Los Arcos (Solartia)Los ArcosNavarra35.000
    Bioenergética Extremeña (Bionex)ValdetorresBadajoz250.000
    Bionet EuropaReusTarragona50.000
    Bionor TransformaciónBerantevillaAlava30.000
    BionorteSan Martín del Rey AurelioAsturias4.000
    BioTeruelAlbalate del ArzobispoTeruel10.000
    CombunetMonzónHuesca50.000
    Combustibles Ecológicos BiotelBarajas de MeloCuenca72.000
    Ecoproma MontalboMontalboCuenca50.000
    Egal BiodieselCercedaA Coruña40.000
    Entabán Biocombustibles del GuadalquivirSevillaSevilla50.000
    Grupo Ecológico Natural (GEN)LlucmajorBaleares33.000
    Hispaenergy del CerratoQuintana del PuentePalencia30.000
    Infinita Renovables CastellónCastellónCastellón300.000
    Linares Biodiesel TechnologiesLinaresJaen100.000
    Recyoil (Antes Idae)Alcalá de HenaresMadrid15.000
    Saras EnergíaValle de EscombrerasMurcia200.000
    Seneca Green CatalystCórdobaCordoba1.500
    Stocks del Vallés BDPBarcelonaBarcelona31.000
    Transportes Ceferino MartinezVilafantGirona5.000
    UTE Isolux Infinita Renovables Corsan CovianFuentes de AndalucíaSevilla150.000
    Total2,256,000

        No hay comentarios:

        Publicar un comentario